Xornada de debate en torno á desecación da Lagoa

Draga_y_canal-1080x675
Xornada de debate en torno á desecación da Lagoa

Sábado 29 de setembro a partir das 17:00. No museo da Limia en Vilar de Santos

O día 8 de setembro de 1958 comezaban as obras da desecación da Lagoa da Antela, en aplicación da lei do 27 de decembro de 1956, sobre “Saneamiento y colonización de la Laguna de Antela, sita en la provincia de Orense” coa que o Franquismo sancionaba a desaparición do segundo espazo lacustre máis importante da Península, vella arela non só dos tecnócratas do Réxime senón tamén de diversos executivos do XIX e mesmo, vestixios mediante, dos antigos Romanos. Uns e outros semellaban descoñecer o secular aproveitamento que os moradores facían destas ubérrimas terras: ora daban leito ao gado, ora pasto, ora caza, ora pesca.

O próximo sábado 29 de setembro, o Museo Etnográfico da Limia acolle unha xornada de reflexión e debate sobre o presente e futuro da comarca, logo se teren completado sesenta anos do inicio dos traballos de saneamento. A xornada que se prolongará ao longo da tarde a partir das 17:00 e reunirá diversas voces, avaliará diversas experiencias agrogandeiras e medioambientais.

Para máis información prema aquí.