lunes. 27.03.2023

10 horas de música electrónica en directo no Pazo dos Deportes “Paco Paz” no Festival Mood

O evento terá lugar o 7 de decembro cun cartel de artistas como James Ruskin, Cora Novoa ou Tadeo

582
582

O Festival Mood encherá de música electrónica o día 7 de decembro o Pazo dos Deportes “Paco Paz” durante máis de 10 horas de música en directo a cargo de artistas como James Ruskin, Cora Novoa, Tadeo, Yassine, John Axiom, You_El e Blach. A presentación do evento musical tivo lugar hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os promotores Adrián Fragueiro, José Luis Arce, Francisco Javier Prado, e o artista Jonathan Míguez.

José Luís Arce, Adrián Fragueiro, Rosendo Fernández, Jonathan Míguez e Francisco Javier PradoA Deputación de Ourense colabora con este evento que “é unha cita ineludible para os amantes deste xénero musical e posicionará a Ourense no panorama da música electrónica a nivel nacional, cun cartel repleto de artistas cun valor e recoñecemento profesional de alto nivel”, salientou o vicepresidente do goberno provincial.

Pola súa parte, Adrián Fragueiro explicou que con este evento “cun Line-Up propio de festivais de primeira liña, queremos tomar o pulso non só á cidade de Ourense, senón á Comunidade Autónoma de Galicia e arrastrar á vez público de comarcas do Norte de España e de Portugal”.

En canto ao programa, Jonathan Míguez dixo que no evento actuará “James Ruskin, un dos artistas máis importantes a nivel europeo; a ourensá Cora Novoa; Tadeo, un dos enxeñeiros de son máis importantes a nivel español dentro da industria; Blach, un artista importante do panorama galego dentro da electrónica; You-El, un gran artista dentro da nosa cidade; e Yassine, que vén dun dos Clubs máis importantes de Portugal; e eu, John Axiom”. Asemade, o artista agradeceu “o apoio da Deputación de Ourense con este evento de música electrónica.

A apertura do recinto será ás 18.00 horas e, unha hora despois, comezarán as actuacións dos diferentes artistas internacionais, nacionais e da escena galega que ofrecerán música en directo ata as 5.30 horas.

Comentarios