185.000 € en axudas a concellos na Xunzta de Goberno da Deputación

Santa comba de Bande-Igrexa
185.000 € en axudas a concellos na Xunzta de Goberno da Deputación
90.000 deles para concellos da Limia

No capítulo de cooperación cos concellos aprobáronse as seguintes subvencións: preto de 23.000 euros o Concello de Bande para a dirección e coordinación de saúde na reitoral de santa Comba; case 48.000 euros para o acondicionamento e peche da área de xogos na residencia de Lobios; máis de 19.000 euros en senllas axudas ao Concello de Porqueira para a reforma da vivenda da casa escola de Paradela de Abeleda e a mellora do saneamento nas localidades de Forxa, Filgueira e Toxal.

Ademais, a Xunta de Goberno procedeu á modificación das bases do programa EmprendOU, para proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico. O cambio adóptase para paliar as consecuencias da crise sanitaria provocada pola covid-19 e implica que as solicitudes poderán presentarse ata o 30 de xuño do presente ano, prorrogándose o programa ata o 31 de decembro.