1ª Foliada da Romaría da Sainza

Foliada da Sainza
1ª Foliada da Romaría da Sainza
Do 23 ao 25 de Setembro

Por primeira vez a Romaría da Sainza vai a ter actividades relacionadas con talleres, música e bailes tradicionais, ademais da xa tradicional batalla de Mouros e Cristiáns.

O venres comezarán os máis pequenos tendo un obradoiro de música tradicional impartido por Daniela Sampayo, a partir dás 17:00.

A mesma hora, o sábado, haberá un espectáculo musical de música e baile tradicional a cargo de H.A.C, Rebulir e Cía Arunrun co espectáculo “Xente nova e leña verde”.

Ás 18:30 haberá un concerto de “Xan Pérez Banda” para a continuación, ás 20:00 unha foliada aberta co grupo “Lorolaio”.

No último día da festa, o domingo 25 haberá a alborada e procesión coa charanga “A Buxaina” que repetirán a partir dás 17:00 cun percorrido polas carballeiras e o campo da festa