O 20 de agosto comezará a caza do corzo macho.

corzo macho
O 20 de agosto comezará a caza do corzo macho.

A Xunta estableceu tamén os períodos hábiles para a caza maior de corzo e xabaril.

A Xunta de Galicia reuniuse co Comité Galego de caza e tratou, entre outros temas, o establecemento da tempada de 2022-2023 de caza maior de corzo e xabaril.

xabaril
xabaril

Respecto ao corzo concluíuse que os machos adultos poderán capturarse en terreos en réxime cinexético común entre o 20 de agosto e o 15 de outubro. Nas seguintes xornadas: os sábados en batida/montaría, e todos os días da semana na modalidade de axexo. Por outra banda as femias adultas de corzo permanecen vedadas con carácter xeral, permitíndose a súa caza puntual por danos e tamén nos tecores se está tecnicamente xustificada de acordo coa situación real da poboación en cada tecor, podendo escollerse entre dous períodos (do 3 de setembro de 2022 ao 15 de outubro de 2022 ou do 7 de xaneiro de 2023 ao 18 de febreiro de 2023.

Polo que respecta ao xabaril, no réxime cinexético común o período xeral de caza establecerase do 20 ao 31 de agosto e do 7 de xaneiro ao 26 de febreiro de 2023, coas xornadas: xoves, sábados, domingos e festivos; e do 1 de setembro de 2022 ao 5 de xaneiro do vindeiro ano os sábados, nas modalidades de batida, montaría e espera. Ademais, no réxime cinexético especial a tempada irá do 20 de agosto ao 26 de febreiro de 2023, os xoves, sábados, domingos e festivos nas modalidades de batida, montaría e espera.

Todas estas suxestións tratadastratadas no Comité galego caza, serán avaliadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Despois, sairán na resolución anual pola que se regulará o exercicio da actividade na tempada 2022-2023.