Como xa estaba previsto, o alumnado de 5 anos do CEIP Carlos Casares acompañadas das súas profesoras Sonia e Rosa partirán cos seus 38 cativos para facer a segunda etapa do Camiño.
UN DÍA MOI COMPLETO
A primeira das visitas será ás 10:15 para media hora mais tarde visitar as instalacións da Asociación do Camiño da Prata.
As 11 visitarán a Catedral, e en particular o Pórtico do Paraíso onde se atopa o retrato de Santiago Apóstolo.
Logo pasarán pola Ponte Romana de camiño a Expourense onde se está a celebrar o Salón gastronómico de XANTAR onde están invitados no stand que a Asociación ten no Salón e para rematar a visita e esta etapa do Camiño serán recibidos pola alcaldesa Elvira Lama no stand que o concello de Xinzo ten na feira promocionando a volta da Festa do Entroido.