372.000 euros en axudas para financiar quince iniciativas promovidas por concellos e entidades

O campamento romano Aquis Querquennae.
372.000 euros en axudas para financiar quince iniciativas promovidas por concellos e entidades
Baltar, Entrimo, Bande , Lobios e Lobeira entre outros concellos da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 372.000 euros en subvencións para financiar un total de quince iniciativas promovidas por concellos e entidades privadas.

Videoconferencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten. Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU; Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).

No relativo ao ámbito municipal concedéronse nove achegas distribuídas do seguinte modo: 50.000 euros para o Plan Cultural 2022 do Concello de Baltar; 9.000 euros con destino á apertura do centro de interpretación Portas do Xurés de Entrimo; Os concellos de Lobios e Lobeira recibirán senllas subvencións con idéntica contía e finalidade: 10.000 euros cada un para as actividades do Xurés Experience.

No capítulo de subvencións para entidades, Aquae Querquennae-Vía Nova recibirá unha achega de 40.000 euros para a tempada de escavacións arqueolóxicas no campamento romano de Bande, así como outros 20.000 para gastos de funcionamento da entidade.