5 celebracións, 5 vídeos

Anuncio videos do Entroido 2022
5 celebracións, 5 vídeos

Alba Prol, realizou 5 vídeos que se irán programando nas redes sociais da comisión do Entroido 2022

Alba Prol1A Comisión do Entroido 2022 encargoulle a cineasta, produtora e realizadora máis internacional coa que conta Xinzo e a Limia Alba Prol 5 vídeos de curta duración sobre os 5 domingos cos que conta o calendario festivo en Xinzo. Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e Piñata.

A premiada internacionalmente Alba Prol realizou 5 vídeos nas que personaxes entroideiros falan e contan sobre como eles ven, e senten cada unha das distintas celebracións do Entroido.

OS VENRES ÁS 20:00

En principio os vídeos colgaranse nas distintas redes sociais coas que conta a comisión do Entroido ás 20:00 de todos os venres anteriores a celebración.