50.000 € movilizarán ProLimia e Concello na campaña do comercio de Nadal

1636402608981
50.000 € movilizarán ProLimia e Concello na campaña do comercio de Nadal

A novidade serán as tarxetas de prepago con desconto do 30%

Onte a noite celebrouse no salón da Casa de Cultura unha reunión de PrLimia a que se achegaron medio cento de persoas representantes na maioría do comercio.

As responsabeis da Xunta directiva presentaron as accións que pretenden por en marcha cara a campaña de Nadal, coa axuda do Concello. Todas elas foron aprobadas por unanimidade, aínda que algúns dos participantes achegara suxestións de mellora, que por suposto, non este ano, pero en anos vindeiros se tratará de implementar, segundo as membras da directiva.

TARXETAS DE PREPAGO

Nos primeiros días de decembro poranse a venda na praza Maior tarxetas de prepago, emitidas por Abanca, por importe de gasto de 50€, pero con un custe de 35€. Cada persoa poderá adquirir o número de tarxetas que queira e poderá ir gastando entre os comercios, hostalaría etc, que estéan dentro de Prolimia. Comercios a maioría que estarán identificados nas súas portas cunha decoración de Nadal igual para todos.