DENDEALIMIA.COM CHEGA A 40 PAISES

analisis paises 1 Oct-31 Dic. 2014
DENDEALIMIA.COM CHEGA A 40 PAISES

Grazas pola vosa acollida. 65.913 Páxinas vistas en 3 meses

Dendealimia.com chega a 40 países

No período de 1 de novembro a 31 de decembro (3 meses) a nosa publicación chegou a a 40 países de todo o mundo.

Nestes tres meses analizados por Google Analytics , analizador mundial de publicacións en internet, segundo se pode comprobar nas fotos xa foi visto algunha vez en todos os continentes.

Dende as 269 páxinas vistas en Suíza, 233 en Alemánia e seguido de 78 en EE.UU. ata 38 en Rusia para acabar con 1 visita en Australia.

Como mais siñificativas podemos dicir que ata a India e Irak, se abriu nestes tres meses ó dendealimia.com. Dende lugares tan distantes como Finlandia e Perú que foron 7 as páxinas vistas en cada un deles.

Anotar que nestes tres meses do análise foron 11.229 os usuarios da nosa páxina en 31.081 sesións, véndose un termo medio de 2,12 páxinas por sesión estando como media de 3 minutos 47 segundos conectados, cada visitante.

En primeiro lugar, darvos as grazas a todos ós lectores e despois agradecer a tódolos colaboradores que dunha maneira totalmente desinteresada fan que mes a mes envían os seus escritos cheguen a todos os usuarios e a todos estes países.

Moitas grazas por último ós nosos anunciantes, que aínda que en épocas de crises e coa pequena colaboración fan que isto xa sexa unha realidade.

Animamos tamén a todos eses visitantes de outras partes do mundo que nos den señais e nos escriban para saber das suas inquedanzas.

Moitas, moitas grazas a todos.