Os 7 magñíficos mais un ”aspirante”

web Candidatos A Limia2
Os 7 magñíficos mais un ”aspirante”

Hoxe sábado presentáronse en Xinzo os candidatos a alcalde dos concellos da Limia nas próximas eleccións municipais do ano que ven polo Partido Popular.

Arroupados por case un cento de concelleiros, militantes e simpatizantes, e cargos institucionais o Presidente do partido na provincia José M. Baltar fixo a presentación dos candidatos un por un.

Antes fora a conselleira Rosa Quitana a que representando o partido en Santiago tomou a palabra, despois de que o secretario provincial Roseno Fernandez lera o acordo da comisión provincial momeadora dos mesmos. Estaba ausente a candidata e alcaldesa actual de Sandiás que non puido asistir por unha doenza sen maior trascendencia.