700 m2 rehabilitados en dúas plantas da Casa Reitoral de Xinzo

Fachada exterior Reitoral Xinzo
700 m2 rehabilitados en dúas plantas da Casa Reitoral de Xinzo

A planta baixa para servicios comunitarios e na planta alta 3 vivendas cun salón cociña e comedor común.

Despois de ano e medio de obras de restauración a “Reitoral de Xinzo” luce como nos seus mellores tempos aló polo século XVIII.

UNHA REHABILITACIÓN COSTOSA E MINUCIOSA

Segundo nos comentou o arquitecto director da rehabilitación Aurelio Outeiriño as obras de rehabilitación que comezaron en plena pandemia a finais do 20 e todo o 21 resultaron moi laboriosas, posto que cousas que se pretendían recuperar, non puido ser e outras que nos dicíamos que non se podían, si o foron, polo empeño sobre todo de D. Tomas, como foi o caso das fiestras exteriores que si logramos facelo. Loxicamente houbo que poñer outras por dentro para que cumpra as normas de edificación deste ano.

Así ocorreu con algunhas vigas que se manteñen, pero por temas ignífugos, houbo que poñer outras ao seu carón.

UNHA PLANTA PARA TRES VIVENDAS E OUTRA PARA SERVICIOS COMÚNS.

Na planta primeira a cal se chega por unha impresionante escaleira de pedra sitúanse tres vivendas para sacerdotes, das cales solo vai a ser ocupada unha polo presbítero da comarca D.Tomás e as outras dedicaranse mentres non fagan falla para aumentar o espazo para catequeses.

Tomás comenta que aínda que de momento aínda hai curas en moitas parroquias de Xinzo , nuns anos os curas que atendan todo o concello vivirán nesta casa.

As vivendas apartamentos teñen dúas habitacións con baño, pero o servicio de cociña e comedor está no medio das tres para que sexa compartido por todos.

Na planta baixa están dependencias administrativas da parroquia e da unidade de atención parroquial de Xinzo, Cáritas, etc.

Escaleira de subida dende o patio interior e corredor

500.000 € DE PRESUPOSTO.

Ese era o presuposto inicial aportado en partes de 150.000 € por Xunta, Deputación e Bispado e 50.000 € polo concello de Xinzo, pero como en todas as obras o montante final foise un pouco máis arriba e puido ser rematada a obra cunha aportación extra da parroquia, que D. Tomás dixo que fora gracias a unha aportación moi xenerosa dunha familia da parroquia, sen a cal, habería que tocar noutras portas para rematala.

Queda pendente de outra reforma no galpón, que será para un gran salón para toda a parroquia