O pasado día 10 de xuño celebrouse o 8º aniversario de ALGARIA, a asociación de persoas con discapacidade da Limia. O evento tivo lugar en Allariz, no Fogar do Maior e ao cal asistiron cerca de 30 persoas entre socios, colaboradores e amigos da asociación.
As 12:00h realizouse unha reunión ordinaria tras a cual todos os asistentes comeron xuntos e finalizaron o día visitando o Festival Internacional de Xardíns.
Como xa sabemos, o obxectivo de ALGARIA pasa por conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, a reivindicación do cambio social e a prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e espectativas.