96 bonos para compras no comercio de Xinzo se venderon no primeiro día

Tarxeta prolimia
96 bonos para compras no comercio de Xinzo se venderon no primeiro día

Hoxe, mércores 8 poderanse comprar no horario habitual

Case un 20% dos bonos que se van a poñer a venda para a campaña de Nadal do comercio de Prolimia (600 en total) xa foron adquiridos por veciños da vila e comarca no primeiro día.

600 BONOS de 5 tarxetas cada bono cun valor de 50 €

Recordar que os bonos postos a venda son de 50 €, dos que so se abonan no momento da compra 35 €, o resto ata os 50 corren a cargo do Concello, que fará para esta campaña unha aportación de 10.000 €.

Prolimia informa que as tarxetas de 10 € cada unha entregaranse nos comercios adheridos a campaña. Ao final da mesma entrarán tamén por numeración nun sorteo con dous grandes premios.

HORARIO E LUGAR DE VENDA

O horario de mañá 8 de decembro será o mesmo que os outros días, de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00, e o lugar será a casa de Papa Noel, instalada na praza Maior de Xinzo.