Aberta a oficina para canxear os vales para subir en globo

Oficina para canxear os "globos"
Aberta a oficina para canxear os vales para subir en globo

Xa está dende onte a tarde, na “casa” de Papa Noel na praza Maior

Dende onte a tarde ProLimia xa abriu a oficina para canxear os “globos” que os establecementos entregan aos seus clientes, que logo servirán para canxear por unha subida en globo a partir das 17:00.

NO PARQUE DO TOURAL

O globo estará preparado para subir aos “seus clientes” a partir das 5 da tarde no Toural.

Esta actividade está patrocinada polo concello e a asociación de comerciantes ProLimia.

A directiva da asociación avisa para que a xente non espere ata o último día para canxear os tikets.

Pako Pakolas na praza Maior

Outra das actividades programadas para o Nadal 22 na carpa da praza maior será a actuación para os máis cativos de Pako Pakolas a partir das 18:00.