Aberta a Porta Praetoria en Aquis Querquennae

Aquis Querquennis-Portoquintela (Bande)
Aberta a Porta Praetoria en Aquis Querquennae
A obra foi posible grazas a colaboración da Deputación e a CHMS.

Despois da reunión do padroado da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, Antonio Rodríguez Colmenero guiou unha visita que partiu da Porta Praetoria, en proceso de reconstrución nestes momentos.

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) acompañado do profesor Antonio R. Colmenero as melloras no campamento romando Aquis Querquenis.
Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) acompañado do profesor Antonio R. Colmenero as melloras no campamento romando Aquis Querquenis.

O profesor destacou esta mañá o apoio :

“Sen a Deputación e a CHMS non sería posible avanzar nestas escavacións.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o complexo arqueolóxico Aquis Querquennis, escavación situada ás beiras do encoro das Conchas, en Bande, que conta co respaldo do goberno provincial. Unha liña de colaboración reforzada este mesmo ano, cunha achega para sufragar parte dos custos da tempada de escavacións do complexo militar romano que tamén abrangue o cofinanciamento dos gastos de funcionamento da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova.

Manuel Baltar estivo acompañado na súa visita desta mañá pola alcaldesa de Bande, Sandra Quintas; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga; o xefe territorial de Educación, Xosé Fisteos; o responsable das escavacións, Santiago Ferrer; e o investigador, profesor e presidente da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, Antonio Rodríguez Colmenero, que quixo recoñecer o apoio da Deputación e a CHMS: “Sigan protexendo este proxecto, sen vós non sería posible avanzar nestas escavacións”.