Aberto o prazo para inscribirse no curso de manipulación e conservación da pataca

curso
Aberto o prazo para inscribirse no curso de manipulación e conservación da pataca

Terá lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia do 14 deste mes ata o 18.

As persoas interesadas en anotarse no curso poderán facelo ata este xoves día 10 de setembro. A inscrición debe facerse na Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL). A sede da asociación atópase no edificio multicentro na rúa Río Arnoia. Poden chamar ó 988 65 05 21 ou enviar un e-mail a adegalxinzo@gmail.com.

O curso é totalmente de balde. Nel vanse tratar asuntos como a recoleción e fisiopatías da pataca, almacenamento e conservación, manexo en Europa e saída ó campo. Esta actividade inclúe a maiores unha viaxe didáctica de toma de contacto con outros profesionais do sector.

As clases vanse impartir os días 14,15,16,17 e 18 de setembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. O horario vai ser de 16:00 a 20:00. As prazas son limitadas.

O curso conta coa colaboración do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia.