Aberto o prazo de matrícula da Escola de Artes e Oficios da Deputación

escola-provincial-de-artes-e-oficios_img181935t0m4w712h356
Aberto o prazo de matrícula da Escola de Artes e Oficios da Deputación

Os interesados poden formalizar o ingreso desde hoxe ata o 30 de setembro

A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense abre desde hoxe ata o día 30 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Os interesados poden formalizar o seu ingreso na Escola a través dos formularios que están dispoñibles no centro cultural "Marcos Valcárcel".

A Deputación de Ourense mantén esta histórica escola, con máis de 125 anos de vida, na que se poden practicar as disciplinas de debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla-escultura en madeira, modelado-escultura en barro e oleiría.

O alumnado pagará unha cota de inscrición de 50 euros e un abono mensual de 10 euros pola asistencia ás clases, de luns a venres, nas instalacións que a Escola ten na rúa Doutor Marañón. A Deputación de Ourense bonifica ata o 100% ao alumnado desempregado ou que forme parte dunha unidade familiar na que os dous proxenitores se atopen en situación legal de desemprego. Tamén están exentos de matrícula e abono mensual as persoas con síndrome de Down e persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento.

O curso académico empezará o día 2 de outubro e prolongarase ate o día 30 de xuño de 2020.

Máis información a través da dirección de correo electrónico: centrocultural@depourense.es.