Aberto o prazo de matrícula do curso de construción de instrumentos no Obradoiro da Deputación

Mb no obradoiro de instrumentos
Aberto o prazo de matrícula do curso de construción de instrumentos no Obradoiro da Deputación

Os interesados en participar poderán inscribirse desde hoxe ata o 21 de setembro no centro cultural “Marcos Valcárcel”

O curso de construción de instrumentos musicais do Obradoiro da Deputación de Ourense abre o seu prazo de matrícula desde hoxe ata o día 21 de setembro. Os interesados en participar poderán inscribirse no centro cultural “Marcos Valcárcel”. As clases, que comezarán o día 1 de outubro e rematarán a finais de maio, desenvolveranse en horario de tarde, desde as 17.00 ás 20.00 horas.

O curso será impartido por Luciano Pérez, Carlos Castro e Manuel Brañas, nos apartados de zanfonas, percusión, gaitas, requinta, pito galego e outros instrumentos. Ademais, neste curso, participará o músico e investigador Francisco Luengo, un dos participantes na construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, quen ofrecerá un curso sobre os instrumentos do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.