“Abre os ollos contra a violencia machista” segue sendo o lema

Presentación da pancarta no partido de basket feminino
“Abre os ollos contra a violencia machista” segue sendo o lema

O Centro de Desenvolmento Rural O Viso súmase á loita contra a violencia machista nunha semana crucial para ela.

O programa de accións comezou onte, domingo 20, en colaboración coa Asociación Baloncesto Xinzo no polideportivo municipal cunha ofrenda floral ás mulleres asasinadas, a lectura dun manifesto conmemorativo e a entrega dunha pancarta reivindicativa que se exhibirá todo o ano no recinto deportivo.. A acción emula a executada un ano atrás na Moreira en colaboración co Antela FC.

3
Camilo e Luis M. na colocación da pancarta

Así mesmo, ó longo da presente semana unha educadora infantil visitará tódalas escolas rurais da comarca para traballar este tema cos nenos e nenas limiaos en colaboración cos equipos docentes e directivos.

Co mesmo obxectivo educativo, un educador social do Centro de Información Xuvenil (CiX) incidirá na toma de conciencia desta problemática urxente coa mocidade no IES Lagora de Antela.

O CDR este ano quere poñer o foco tamén nas violencias ligadas á prostitución e edita unha tirada de 1.000 exemplares dun volante titulado “PROSTITUCIÓN= FORMA DE

VIOLENCIA MACHISTA E ESCRAVITUDE” con argumento para desmontar os principais mitos que validan esta realidade.