Abre o prazo para anotarse á Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo

gaita
Abre o prazo para anotarse á Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo

A Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia prepárase para o novo curso 2016/2017.

Dende este luns día 5 abre o prazo para matricularse nas distintas modalidades que se imparten na escola. O prazo permanecerá aberto ata o 7 de outubro.

Os impresos de matrícula xa están dispoñibles nas oficinas municipais do Concello ou na propia escola de música.