martes. 30.05.2023

   A Federación Galega de Fútbol por medio da Escola Galega de Adestradores organiza un curso de adestrador básico de fútbol, en colaboración coa Concellería de Deportes de Xinzo e David Carnero, técnico deportivo da concellería e membro directivo da Escola.

Os participantes poderán aprender as nocións base do xogo e analizar e interpretar o equipo. Así tocarán aspectos como esquemas de xogo, preparación dun equipo para a competición, aprender a facer plans de adestramento ou coñecer e previr as lesións máis frecuentes dun xogador. 

Unha vez rematado o curso as persoas que o realicen estarán preparadas para dirixir sesións de adestramento, traballar o desenvolvemento do equipo, dirixir a formación de xogadores, xestionar o rendemento dos mesmos ou contribuír á política deportiva do club. 

O curso dará comezo no mes de outubro e ten un custe de 900 euros. 

Comentarios