Abre o prazo de inscripción para os Campus de Verán 2017 de Xinzo

CARTEL CAMPUS DEP 2017
Abre o prazo de inscripción para os Campus de Verán 2017 de Xinzo

Os campamentos celebraranse do 3 ao 31 de xullo e os interesados poden formalizar a inscripción ata o 22 de xuño na Casa de Cultura e no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia.

Dende a Concellería de Cultura e Deportes de Xinzo de Limia, comandada polo edil Luis Miguel Gil, infórmase de que xa está aberto o prazo de inscripción para os Campus de Verán 2017. Haberá tres modalidades de campus, algunas xa anunciadas por este xornal dixital:

Campus Deportivo –nados entre 2004 e 2010–: atletismo, baloncesto, fútbol, orientación, minitramp e moitas outras actividades.

Campus Urbán-Deportivo –nados entre 2011 e 2012–: manualidades, contacontos e xogos deportivos.

Campus Cultural –nados entre 2004 e 2010–: trátase da novidade deste ano e haberá talleres de iniciación á infórmatica, contacontos, obradoiro de música, música tradicional, teatro e máis.

Así mesmo, os rapaces e rapazas poderán desfrutar tamén de excursións ao Hipódromo de Antela, ao Aquapark Cerceda, acceso á piscina todos os días e camisetas conmemorativas.

Os campamentos celebraranse do 3 ao 31 de xullo e os interesados poden formalizar a inscripción ata o 22 de xuño na Casa de Cultura e no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia.

Organizan as actividades A. B. Xinzo, A. D. Limiactiva, E. D. C. Xinzo, Agrupación Musical da Limia, Asociación Teatro Aneis e os diferentes departamentos da Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude de Xinzo de Limia.