Abrense as inscripcións para o curso de mantemento de xardíns e espazos verdes no CDR "O Viso"

117
Abrense as inscripcións para o curso de mantemento de xardíns e espazos verdes no CDR "O Viso"

O curso impartirase no Centro de Desarrollo Rural "O Viso" en Lodoselo e dará comezo o 3 de abril. Son 150 horas de formación impartidas de luns a xoves polas tardes, dende as 16,00h até as 20,00h. Ademáis conta con 40 horas de práctica nunha empresa.

É un curso de formación subvencionado á entidades de iniciativa social para fomentar os servizos sociais comunitarios e a inclusión social, por iso está especialmente dirixido ás persoas arredadas do mercado laboral. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a actuación enmárcase dentro do PO do FSE Galicia 2014-2020, para promover a inclusión e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Para máis información e formalizar a ficha de inscripción debese acudir o CIX-Centro de información da Limia, situado na Praza Maior de Xinzo de Limia, nº1, tamén se pode chamar o número de teléfono 988 46 15 71 ou mandar un email ó correo info@cdroviso.org.