Accidente sen feridos graves en Piñeira Seca-Xinzo
13:00 17/08/22
13:00 17/08/22
A condutora e o condutor son veciños e coñecidos
As tarefas agrícolas estes días fan que o trafico polas pistas da Limia que entroncan coas estradas principais estean moi concorridas.

Esta mañá unha veciña de Piñeira saía do pobo para as súas fincas e foi cegada polo sol, non vendo a outro coche que viña pola estrada que une Sarreaus con Xinzo.
O condutor foi trasladado por unha ambulancia ao centro de saúde de Xinzo por uns dores que tiña nun brazo, pero que “a priori”, non revestían gravidade.
Asistiu ao sinistro unha patrulla da garda civil e un efectivo de Protección Civil de Xinzo.