ACLARACIÓN DO PORTAVOZ

IMG_7641
ACLARACIÓN DO PORTAVOZ

Iván Prado A decisión do deseño deste ano foi tomada polos 27 da comisión do ano pasado

Para comezar o portavoz da comisión, quixo facer unhas aclaracións ante comentarios de redes sociais e algún medio de comunicación sobre a decisión da elección do deseño IMG_7641do cartel, e non do concurso que ata fai dous anos se facia. O traballo levado adiante pola comisión deste ano camiña da man de decisións tomadas en anos anteriores, intentando preservar as melloras acadadas polos compañeiros que traballaron voluntariamente no ano 2018, e mellorando os aspecto que, dalgún xeito, non funcionaron ben.

Unha desas decisión, como xa se ten visto en diferentes medios de comunicación, foi a de respectar a elección do ano pasado en canto a elección do cartaz do Entroido 2019, outorgándolle o deseño a Ana Parada, coñecida deseñadora limiá.

De igual modo que o ano pasado, o traballo requirido pola comisión en canto ao deseño, non só radica no deseño do cartaz propiamente, se non nunha imaxe completa para a promoción, a papelería e as R.R.S.S. do Entroido co fin de presentar unha imaxe coherente e potente á sociedade galega, solo sendo posible acadar estes conceptos mediante a contratación de profesionais do deseño e a comunicación.