Acometeremos unha limpeza integral tanto en Xinzo como nos pobos

IMG_20190624_203941
Acometeremos unha limpeza integral tanto en Xinzo como nos pobos

Espero ue fagan unha oposición tan elegante e construtiva como fixo o meu grupo na última lexislatura

Rematado o primeiro pleno con Elvira Lama como alcaldesa a alcaldesa manifestou aos medios de comunicación que temos moito que facer e moito que traballar, pero sempre cun espírito construtivo e dialogante cos membros da oposición, esperando que eles fagan unha acción de oposición tan elegante e construtiva como fixo o meu grupo na última lexislatura.
Estamos abertos a participación cidadá e sobre todo a que todos os veciños e veciñas poidan asistir a súa casa, que é o Concello de Xinzo.

IMG_20190624_203953REUNIÓNS DE CADA CONCELLEIRO COS EQUIPOS TÉCNICOS
Ata este momento os concelleiros de cada área estanse a reunir cos equipos técnicos do Concello e traballadores e o primeiro e urxente que temos que acometer en moi pouco prazo é unha limpeza integral, tanto de Xinzo como dos pobos porque está convertido nunha selva. A limpeza e o mantemento de vías, rúas e espazos públicos e unha máxima a levar a cabo nos próximos días, de inmediato.
Neste momento, posto que as competencias están delegadas en cada concelleiro de área, xa están xurdindo ideas, que todos como grupo temos que apoiar e para tocar nas distintas administración de cara a conseguir financiamento para levalos a cabo.
DE MOMENTO NON HAI ADICACIÓNS EXCLUSIVAS NIN PARCIAIS
De momento non hai previsto que ningún concelleiro teña adicación parcial ou total, iso non quere dicir que mais adiante se houbera algunha proposta se estudiará e se propondrá ao pleno para a súa aprobación.
Elvira lama, quedouse coas competencias de igualdade, posto que sendo a única muller do equipo de goberno, non podía ser doutro xeito.
Non teño ningún problema de ser a única muller nun grupo de homes, neste caso dun equipo fantástico de xente nova e traballadora , na que cada un deles está a facerse cargo dunha área moi relacionada coa súa profesión.Sigo dicindo que é un equipo fantástico para comezar a traballar e facelo durante os próximos catro anos.