Actuación dos bombeiros no Parque do Toural

Actuación dos bombeiros no Parque do Toural

Avisados polos postos de diversión por mor do perigo de caída dunhas ramas

Os bombeiros de Xinzo acudiron a chamada da Policía Local do Concello para cortar unhas ramas que segundo as persoas que atendían os xogos do Esquecemento parecía que estaban secas e a piques de caer, con risco para todos os rapaces e rapazas, así como os seus acompañantes que nesta tarde de festa estaban a divertirse nos xogos.

Os bombeiros de Xinzo, acudiron a chamada e axudados pola propia Policía e Protección Civil de Xinzo resolveron o tema en poucos minutos.