ADEGAL encheu de agricultores o salón da Casa da Cultura de Xinzo

Asistentes a charla organizada por ADEGAL
ADEGAL encheu de agricultores o salón da Casa da Cultura de Xinzo

Nas primeiras xornadas organizadas para explicar as novas axudas da PAC

Julián Bermello López (JEFE DE SERVICIO DEL FONDO GALLEGO DE GARANTÍA AGRARIA (FOGGA) EN OURENSE) foi o técnico escollido por ADEGAL para informar aos agricultores da Limia sobre os cambios nas axudas para as terras de cultivos. Aínda que o decreto non está aprobado, Julián, fíxolles aos presentes unha composición de lugar, a dia de hoxe, antes de que se empece coa sementeira deste outono.

charla ADEGA
Julián Bermello e Mª Teresa Joga (Pta. ADEGAL)

A GRAN NOVIDADE “OS ECOESQUEMAS”

Unha das grandes novidade para estes tres vindeiros anos con respecto ás axudas da PAC, son os chamados ECOESQUEMAS. Estes chamados ecoesquemas, serán voluntarios e serán máis beneficiosos, tanto para os campos, o medio ambiente e terán maiores partidas de axudas da PAC.

Estas axudas van destinadas a calquera cultivo, trigo, centeo, pataca etc.

MEDIDAS AGROAMBIENTAIS

Tamén na charla se falou das medidas agroambientais, que neste caso son específicas para Galicia. Estas medidas serán moito máis esixentes. Un exemplo destas medidas sería a rotación de cultivos durante tres anos. Algúns agricultores colleiteiros, xa o levan facendo na Limia coa pataca.