ADEGAL ESTABLECERÁ UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON AGACA

adegal
ADEGAL ESTABLECERÁ UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON AGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Unidos por primeira vez, naceu, para defensa e impulso da comarca da Limia o proxecto de ADEGAL, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, unha asociación agraria sen ánimo de lucro, carente de calquer tipo de vinculación ideolóxica política, cuio fin primordial é o de dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario e a agroindustria teñen na Limia.

Froito dun traballo difícil pero constante, Adegal crece día a día, tratando de unir esforzos e establecer colaboración con outras Asociacións, nas que as súas problemáticas son, no fondo da cuestión tamén as nosas compartidas e, ademais, crear liñas de traballo nas que a investigación, formación e coñecemento se refire.

Formar alianzas é fundamental para o mantemento do rural, e a comarca da Limia reúne as condicións por profesionalidade e competitividade. É polo que ADEGAL, representada por unha parte do Consello Directivo, e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) representada polo Director-Xerente, Higinio Mougán Bouzón, mantiveron unha reunión na Sede de Adegal en Xinzo de Limia, intercambiando propostas e iniciativas para o impulso das explotacións agrarias de Galicia, ademais do interese de establecer un convenio de colaboración entre ambas entidades.