ADEGAL pon unha denuncia contra a plataforma Auga Limpa Xa

image3
ADEGAL pon unha denuncia contra a plataforma Auga Limpa Xa
Os feitos foron postos en coñecemento de todos os grupos de goberno

Con respecto á acalorada discusión deste mércores 14 de agosto entre gandeiros e algúns dos integrantes de Augas Limpas Xa, ADEGAL da a súa versión dos feitos.

A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia asegura que, antes do acontecido, mantiveran unha reunión con dita plataforma coa intención de colaborar conxuntamente, ''nos lle ofrecemos a nosa colaboración e entendemos que de cara á administración eles nos podían axudar e nos a eles para mellorar o que son as prácticas e encamiñarnos todos da mesma man''. Sen embargo, quéixanse de que ate día de hoxe ninguén se puxo en contacto con eles para consolidar unha unión futura e ''á vista de que non depoñen a súa actitude, simplemente o que facemos e interesarnos en saber se eles gozan de licencia administrativa para desempeñar esta actividade, sobre todo pola venda de camisetas''. Deste xeito, foi a propia presidenta quen puxo a correspondente denuncia no concello para que se levaran a cabo as medidas pertinentes a ditos efectos, pero ao non obter resposta procedeu a presentar dita denuncia na Garda Civil.

En canto á disputa, aseguran que os membros de Auga Limpa Xa non tiñan permiso para instalar a mesa de recollida de sinaturas polo que se puxeron en contacto coas forzas de seguridade que lles pediron que abandonasen o lugar, ''a Policía Local levou a cabo medidas de identificación simplemente''. Así mesmo, a asociación puxo os feitos en coñecemento de todos os grupos de goberno.

image1