ADEGAL RECIBE A VISITA DA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ADEGAL
ADEGAL RECIBE A VISITA DA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Membros de Adegal reuníronse na súa sede con Ángeles Vázquez

Na mañá de hoxe tivo lugar o encontro entre os representantes de Adegal e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, encabezada por Ángeles Vázquez, acompañada polo alcalde de Xinzo de Limia Manuel Cabas e Carlos Gómez, así como pola Xefa Territorial de Ourense, Victoria Núñez.

Aproveitouse a visita para mostrar as inquedanzas e necesidades do sector primario e do tecido empresarial que o rodea na comarca da Limia que, indubidablemente, se caracterizan pola súa profesionalidade e trazabilidade, facendo uso das últimas tecnoloxías e técnicas de cultivo, optimizando os recursos dos que dispoñen en beneficio da calidade das producións e do respecto ó medio ambiente.

Por tanto, ante a necesidade crecente de implantación de novos cultivos cos que xa se está en experimentación en I+D+I, ligados sempre a dispoñibilidade de nutrientes e auga, faise fundamental a consecución da modernización das infraestruturas de regadío, coa pertinente publicación da Declaración de Impacto Ambiental, trámite competencia desta Consellería, así como as autorizacións de limpeza dos canles e ríos, tal e como foron diseñadas en orixe estas infraestructuras, favorecendo o drenaxe das parcelas.

Trátase de aunar esforzos na mesma dirección e en perfecta simbiose, garantíndose a viabilidade de numerosas explotacións agrícolas e gandeiras que son o motor fundamental da comarca e un referente en manexo e produción en Galicia, contando coa colaboración da Administración.