ADEGAL, REÚNESE COA ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA PARA A DEFENSA DO MEDIO RURAL

adegal
ADEGAL, REÚNESE COA ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA PARA A DEFENSA DO MEDIO RURAL

Unidos por primeira vez, naceu, para defensa e impulso da comarca da Limia o proxecto de ADEGAL, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, unha asociación agraria sen ánimo de lucro, carente de calquer tipo de vinculación ideolóxica política, cuio fin primordial é o de dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario, a agroindustria teñen na Limia.

Froito dun traballo difícil pero constante, Adegal crece día a día, tratando de unir esforzos e establecer colaboración con outras Asociacións, nas que as súas problemáticas son, no fondo da cuestión tamén as nosas compartidas e, ademais, crear liñas de traballo nas que a investigación, formación e coñecemento se refire.

Formar alianzas é fundamental para o mantemento do rural, e a comarca da Limia reúne as condicións por profesionalidade, modernización e competitividade. É polo que ADEGAL, representada por unha parte do seu Consello Directivo, e a ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA, representada polo seu Presidente, Francisco Bello Bello, mantiveron unha reunión na Sede de Adegal en Xinzo de Limia, intercambiando propostas e iniciativas para o impulso das explotacións agrarias de Galicia, establecendo sinerxias e colaboración coa plataforma Alianza Rural a nivel estatal, na que o medio rural é o vehículo comunicador das diversas comarcas e Comunidades Autónomas, na que a importancia vital reside no sector primario e a súa industria transformadora, nun entorno de convivencia e máximo respeto ó medio ambiente.