ADEGAL reúnese en Santiago coa Conselleira do Medio Rural

finca patacas
ADEGAL reúnese en Santiago coa Conselleira do Medio Rural

O motivo foi coordinar medidas que palíen a crise que está a travesar o sector da pataca

O sector da pataca está a atravesar unha grave crise, condicionada por un cúmulo de circunstancias excepcionais, como son unha boa colleita a nivel europeo, os prezos fixados nos mercados a futuro das principais bolsas mundiais e o problema político entre Rusia, Ucrania e a Unión Europea que xunto con outros condicionantes conlevou á baixa do prezo dos tubérculos en orixe, sendo a cantidade percibida polo productor insuficiente para cubrir os elevados gastos que conleva producir este producto.

ADEGAL, como representación dos productores da comarca da Limia, trasladouse na tarde de onte a Santiago para transmitirlle á Administración competente nesta materia, a Consellería do Medio Rural, representada nesta reunión pola Conselleira Rosa Quintana e a Directora Xeral de Producción Agropecuaria, Patricia Ulloa.

Establecéronse varias liñas de traballo e medidas a coordinar que, de efectuarse, paliarían a situación de crise actual nas explotacións agrícolas, nunha comarca eminentemente agraria como a da Limia, principal productora de pataca de Galicia.

Faise necesario que se establezan acordos-convenios coas grandes cadenais comerciais de distribución e venta en Galicia, nos que se prime o producto de aquí. Por tanto, ligado a esta medida son fundamentais as campañas de comunicación ó consumidor dos valores positivos das nosas colleitas, a pataca de calidade (sabor fronte a lavado) e o fomento do consumo. Esto é debido ás condicións climatolóxicas e ás caracte­rísticas dos chans, que xunto coas esmeradas labores culturais que se dan nesta zona, repercuten positivamente en que o produto obtido teña unha calidade culinaria excepcional.

Por outro lado, é vital a realización dunha exportación da pataca, cuio consumo está moi extendido culturalmente noutros países, atendendo ás axudas á exportación, ó desenvolvemento e á cooperación.

Tamén se deberá ter en conta o sector da pataca da Limia dentro das medidas excepcionais de xestión de crise de mercados reguladas polo Reglamento (UE) nº 1031/2014 motivadas polo veto ruso.

A Consellería do Medio Rural traballará nas medidas propostas por ADEGAL, que axudarán a impulsar o sector agrícola e empresarial da Limia e a superar a crise que se está a atravesar actualmente.