ADEGAL solicita á Consellería do Medio Rural axudas directas ás producións en regadío polos custes da enerxía.

recolección patacas
ADEGAL solicita á Consellería do Medio Rural axudas directas ás producións en regadío polos custes da enerxía.
Castela e León concede 250 € por hectárea ás superficies de pataca e remolacha

Ante a actual escalada dos custes da enerxía provocados pola guerra de
Ucraína, distintas Administracións Autonómicas están concedendo axudas ós custes de rego de diversos cultivos.

AXUDAS NOUTRAS COMUNIDADES
Castela e León concede 250 € por hectárea ás superficies de pataca e
remolacha, tomando como referencia as declaracións únicas da PAC, ó igual que o País Vasco.En ambos casos, as axudas non terán que solicitarse, se non que se concederánde oficio.
Neste ano, as Comunidades de Regantes da Limia pasaron a multiplicar por
tres a factura da electricidade, atravesando serias dificultades para facerlle fronte, e por outra banda, os agricultores que traballaron con gasóleo, encareceron máis do dobre os custes de rego que a campaña do ano anterior.
Por tanto, dende ADEGAL consideramos que para que as producións da Limia se poidan equiparar nas mesmas condicións ós nosos competidores veciños máis directos, Castela e León, se debe conceder unha axuda directa ós titulares de explotacións agrícolas por importe de 250 € por hectárea de cultivo de pataca para paliar así os sobrecustes da enerxía.
Estas axudas son de vital importancia no sector da pataca, punteiro na Limia, pero sen prexuízo de ampliarse a todos os cultivos en regadío