ADEGAL solicita mais prospeccións para a modernización do regadíos na Limia

208
ADEGAL solicita mais prospeccións para a modernización do regadíos na Limia

Apoiando loxicamente as que se están a levar a cabo

Ante a colaboración de Adegal coas Comunidades de regantes Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo, legalmente constituídas e coa concesión da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, solicitaron a realización dos sondeos de investigación das captacións, nun total de vinteseis puntos localizados e distribuídos na superficie a regar que ocupan as catro comunidades mencionadas, unas 4.150 Ha de cultivo, quedando á espera de que Medio Rural execute o presuposto asignado para os infraestructuras de rega da Limia.

Adegal ante a defensa e o impulso da comarca da Limia, aposta polo sector agrícola e gandeiro como pilar fundamental, tanto a nivel económico, como social e cultural, polo que aúna esforzos nun sector perfectamente organizado, para a estructuración e a modernización dos regadíos, nos que as Administracións deben cumprir os compromisos adquiridos e apostar pola inversión na Limia.