ADEGAL valora positivamente as contribucións presentadas ná mesa da Limia para o desenvolvemento sostible da comarca

Declaracións conselleiro
ADEGAL valora positivamente as contribucións presentadas ná mesa da Limia para o desenvolvemento sostible da comarca

Os profesionais do sector agrario, gandeiro e empresarial defendemos que se aúnen esforzos para continuar traballando nesta dirección, e consolidar o prestixio dos produtos da zona

Os profesionais do sector agrario, gandeiro e empresarial defendemos que se aúnen esforzos para continuar traballando nesta dirección, e consolidar o prestixio dos produtos da zona.

Declaracións conselleiroNa mañá de onte, no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia, tivo lugar a segunda xornada para a coordinación da “Mesa da Limia”, coa participación das Administracións locais, autonómicas e estatais, así como todos os axentes implicados na comarca da Limia. Adegal acudiu á Mesa en representación do sector agrícola, gandeiro e empresarial, cun espírito construtivo para traballar pola defensa e o impulso desta comarca que ten claramente con vocación agraria, na que o sector agrícola e gandeiro xeran un importante tecido empresarial, consolidando así un modo de vida e unha fonte de riqueza na Limia, que repercute de xeito vinculante e moi positivo no sector servizos e no sector terciario.

En relación ós temas que se desenvolveron ó longo da xornada, como foron a presentación do plan estratéxico do sector agrario da Limia (PEL), o plan de formación para agricultores e gandeiros, os proxectos piloto da Consellería do Medio Rural (SIDEGA), a limpeza dos canles, o plan de regadío e o anteproxecto da “Lei reguladora do sistema integrado para a xestión das dexeccións gandeiras de Galicia”, demóstrase que o sector produtivo, perfectamente organizado, está disposto a seguir impulsando un modo de producir que preserve o medio do que se dispón como sinal de identidade e de calidade diferenciada nos seus produtos. Constátano as Indicacións Xeográficas Protexidas coa súa base de provisión nesta bisbarra, como son Tenreira Galega, Pan de Cea, Pataca de Galicia e Mel de Galicia.