A Subdelegación do Goberno presenta a vindeira semana o plan estatal “A Administración Cerca de Ti” en trece Concellos da provincia, achegando as ferramentas da Administración dixital aos veciños e veciñas que viven no rural. Trátase do programa do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa FEMP, enmarcado nas políticas de reto demográfico para avanzar na eliminación da fenda dixital e na cohesión social e territorial. Nas vindeiras semanas incorporarase tamén ao programa persoal da Seguridade Social e o SEPE tras o acordo acadado entre o Ministerio de Política Territorial e os Ministerios de Emprego e de Inclusión, dos que dependen ambos organismos. Respondendo á iniciativa do Ministerio de Política Territorial, de incluir máis servizos a esta nova forma de relacionarse coa cidadanía, e coa particularidade de ser servizos que están entre os máis demandado, tal e como avanzou o pasado mércores a directora xeral de Coordinación Territorial na súa visita a Para de Sil.
Ourense sitúase á cabeza dentro das provincias españolas nas que se desenvolve o programa na realización de trámites electrónicos, achegando a Administración a miles de ourensáns e ourensás do rural que evitan desplazarse para poder realizar os trámites. Un programa que impulsa o rural e o avance pola dixitalización e os trámites electrónicos e que pon en valor a implicación do Goberno no reto demográfico. A día de hoxe xestionáronse 500 certificados e 450 [email protected] permanentes.