AEDEGAL alerta da situación de parón na venda de pataca de calidade AGRIA

ALMACÉN PATACAS
AEDEGAL alerta da situación de parón na venda de pataca de calidade AGRIA
Na Limia estímase que hai 4.000.000 kg de tubérculo de calidade, da variedade Agria maiormente, almacenada en boas condicións.

ADEGAL, ante a situación extrema que xenera o estado de alarma, e entendendo tamén que o sector agrogandeiro desenvolve un papel fundamental e estratéxico nestes momentos excepcionais, debemos seguir velando por él, e neste caso pola comarca agraria de Galicia, a Limia.

agria-20kgEstase a presentar unha problemática grave e que pode por en risco as economías das explotacións e das industrias da pataca.
Na Limia estímase que hai 4.000.000 kg de tubérculo de calidade, da variedade Agria maiormente, almacenada en boas condicións.
Nunha bisbarra marcada pola súa profesionalidade, tanto explotacións agrícolas como industrias envasan moito do seu producto para restauración e industria, sectores actualmente en paro, polo que esta pataca sen saída se podería derivar ás superficies comerciais nun envasado especial, nun momento no que apoio ó sector primario segue a ser necesario.

Débese actuar con premura, se non, verémonos abocados á perda total e destrucción desta pataca, co conseguinte prexuicio económico que isto supón na Limia.

Dende Adegal démoslle traslado ó Conselleiro do Medio Rural, sendo conscientes en todo momento das diversas problemáticas que estamos a vivir no país.

Reiteradamente, mostrar o agradecemento a todas aquelas persoas que traballan no sector agrario, que se esforzan día a día en obter productos da máxima calidade para seguir alimentando a poboación, demostrándose una vez máis o papel fundamental que desempeñan a diario e que en situacións extremas, como ésta de alarma, demostran o seu carácter estratéxico, sen olvidar, como non, ós sanitarios, tendas e superficies comerciais, ó sector do transporte e ás forzas de seguridade.