O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, reincorpórase ás filas do PP de Ourense

J.M.Baltar e o alcalde de Baltar
O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, reincorpórase ás filas do PP de Ourense

O presidente provincial, Manuel Baltar, destaca que "nestes intres é hora de recuperar un activo tan importante como é Feijóo Alonso, no que sempre confiamos e ao que sempre respetamos"

José Antonio Feijóo Alonso sopesou deixar a política e incluso os veciños lle pedían que continuase "como independiente", pero decidiu reincorporarse "pola afinidade e respeto que sempre me amosou o presidente provincial, Manuel Baltar, que soubo estar á altura das circunstancias cando o momento non era doado"

O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, que solicitara a súa suspensión temporal de militancia do PP de Ourense o 11 de marzo de 2013, volveu a recibir a alta no PPOU da man do presidente provincial, Manuel Baltar. Recupera así a súa militancia nas filas populares de Ourense.

O alcalde de Baltar tampouco esquece que o presidente rexional, Alberto Núñez Feijóo, "tamén me mostrou o seu afecto e o seu apoio nos momentos nos que precisaba alento". No tocante a esta reincorporación, o presidente provincial, Manuel Baltar, destaca que "no PP de Ourense respectamos e agradecemos a decisión que José Antonio Feijóo Alonso tomara en marzo de 2013, por lealtade e polo ben do partido. José Antonio Feijoo é un político responsable, unha gran persona, identificado coa provincia, membro do seu goberno, e un colaborador leal e traballador".