jueves. 21.09.2023
NOTA DE PRENSA DO PSdG-PSOE -Ourense

Alemaña asume as cotizacións dos coidadores dos emigrantes retornados na seguridade social

O secretario provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulin, de xira por Alemaña durante este mes de agosto, estivo hoxe mércores cos técnicos da aseguradora AOK en Hannover

003

O secretario provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulin, de xira por Alemaña durante este mes de agosto, estivo hoxe mércores cos técnicos da aseguradora AOK en Hannover. Durante o encontro tratáronse os pormenores do seguro de dependencia do país xermano, ao que teñen dereito os retornados de Alemaña que só perciben en exclusiva a pensión dese país. No transcurso da reunión, Gulin foi informado dos trámites administrativos a realizar, os procesos de verificación dos equipos médicos alemáns en Galicia e diversos casos especiais.

3Gulin tamén recibiu información coa que se concretou que os retornados que reciben a prestación económica da dependencia alemá, teñen dereito a designar un coidador ou cuidadadora da contorna familiar ou de relación de veciñanza de confianza. O tempo que dedique esa persoa para coidar ao retornado será compensado pola AOK ou outras aseguradoras similares coas cotizacións respectivas no sistema da Seguridade Social de España. Concretamente teñen que ser un mínimo de 15 horas semanais e non pode existir ningunha contratación laboral por medio. Así pois, citaron como exemplo o caso típico da filla ou fillo que deixa de traballar para coidar aos pais enfermos, no que AOK asumiría as cotizacións á seguridade social correspondentes ó tempo do coidado para non ter ningún contratempo no futuro á hora de percibir unha pensión. Tamén sería aplicable se a persoa designada traballase a maiores a tempo parcial.

Igualmente informaron ao secretario provincial de emigración dos socialistas que esas prestacións económicas da dependencia están exentas de tributar en Alemaña, e que se procedeu a dar conta ás autoridades tributarias para que se proceda á reciprocidade en base do convenio hispano-alemán da dobre tributación do 2012. Luís Gulín comprometeuse a verificar esa información coa Axencia Tributaria española, tendo en conta os antecedendes dos conflitos dos últimos anos cos emigrantes retornados.