¡Alerta! Comezou unha guerra con “gases” na vila

anagramas
¡Alerta! Comezou unha guerra con “gases” na vila

Repsol butano, CONTRAATACA…..

Dende fai uns días podemos ver na praza maior de Xinzo unha carpa atendida por persoal da empresa comercializdora do gas propanado en Xinzo.

Preguntando pola súa presenza comentan que están para informar ós veciños de Xinzo das bondades do gas propanado e ofrecendo descontos ós xa clientes e como non a todos aqueles que se queiran dar de alta.

A ninguén lle sorprende a súa presenza, unha vez que solicitan información, posto que fai un mes que ten anunciada a chegada do gas natural a nosa vila de mans do seu único competidor.

Dende logo que é unha oportunidade para os usuarios, pero temen e unha pena que non o tiveran feito antes, cando Eran monopolio na vila.

Benvida sexa a competencia, porque polo menos agora podemos escoller, ou mellor, poden escoller todos os que o teñen, porque segundo esta compañía temen habería que instar as autoridades para que ofrecerán primeiro a aqueles veciños que non o teñen, posto que segundo eles o único que van a facer e duplicar a rede, pero non van a chegar a aqueles veciños que ata agora non o teñen.

Veremos en que queda esta \“guerra\” que de momento o único que fai e baixar os presos.