ALERTA DO 112 GALICIA

neve 1
ALERTA DO 112 GALICIA

Desde o mediodía deste domingo as zonas de montaña de Lugo e Ourense estarán en alerta amarela por acumulación de neve. A alerta manterase activa, polo menos, ata a madrugada do día 7.

Desde o 112 Galicia pregan que se extremen as precaucións, sobre todo se non nos queda outra que coller o coche. Antes de iniciar a ruta, deberíamos comprobar o estado das estradas a través da web da DXT

Ademais segue estas indicacións para que a neve non che xogue unha mala pasada:

Leva cadeas por se acabasen sendo necesarias

Comproba que os niveis de líquido anticongelante son correctos e que os freos, as luces e os pneumáticos están en bo estado

Se o teu coche queda atrapado permanece no seu interior

Se acendes a calefacción, abre de cando en vez as xanelas para evitar intoxicacións

Se te ves obrigado a abandonar o coche, pon un pano de cor vistosa na antena para facilitar a túa localización

Ten en conta a posibilidade de que se formen placas de xeo, sobre todo nas zonas sombrías. Circula con precaución e evita as freadas e os cambios de dirección bruscos

Se o necesitas chama ao 112