Alfonso Valdés falou en Xinzo sobre o Rexistro Galego de Instrucións Previas que se atopa na Consellería de Sanidade. Neste rexistro existe o Documento que segundo indica a propia Consellería é o documento mediante o cal unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e o destino final do seu corpo, co fin de que esta vontade sexa respectada no caso de que non teña capacidade para manifestala.
Valdés deu unha visión dos temas delicados chegados certos momentos e situación, das que hoxe, xa dunha maneira un pouco mais xeneralizada se fala nas consultas médicas ante unha situación de enfermidades irreversibles nas que segundo a crenza, a situación e as propias manifestacións dos que nese momento representan a vontade dos enfermos, porque eles xa perderon, poden decidir sobre o futuro dos tratamentos que se lle están ofrecendo e que nalgúns casos o enfermo manifestou que chegado “ese momento” na evolución da súa enfermidade, non querería que lle administraran.
Todo comezou coa Declaración de Oviedo e continuou coas lexislacións autonómicas, incluídas a nosa que desenrola o DIP (Documento de Intencións Previas.
Tratábase de informar aos presentes da súa existencia e dos procedementos para chegar a asinar ese documento, ademáis de facer fincapé,durante toda a charla do importante da comunicación entre enfermo e persoal médico, onde tamén se pode manifestar as intencións propias, que tamen sirve como “declaración de intencións” que os facultativos e a familia deben respetar.
Ao final abriuse un coloquio cos asistentes no cal Alfonso aclarou as dúbidas que lles xurdiran aos presentes.
Guia de instruccións previas sobre coidados e tratamento da saúde.