ALICIA DURÁN, A LIMIÁ QUE REPRESENTA A CATALUÑA EN MISS ESPAÑA PLUS SIZE

23800286_10212379860189790_8121805048959425759_o (2)
ALICIA DURÁN, A LIMIÁ QUE REPRESENTA A CATALUÑA EN MISS ESPAÑA PLUS SIZE

Unha bloguera catalana de Parada de Ribeira

Alicia Durán, “la gallega” como a conocen en Barcelona, defínese como unha galega de corazón nacida en Barcelona. A súa familia é galega, de Parada de Ribeira, e por o isto e por o seu amor por Galicia, pasa o ano viaxando de Cataluña a Galicia pasando o máximo tempo posible na nosa terra. En Barcelona, toca na Xuntanza de Cataluña, unha banda de gaitas e na Casa Galega de L’Hospitalet.

21765361_10211973670435300_6903617563301927192_oEla mesma nos conta o motivo do evento: “Pienso que las tallas grandes estamos un poco desplazadas en la publicidad, los medios y la vida cotidiana y el objetivo de este evento es luchar contra esos estereotipos.”

O evento Miss Plus Size Spain, é un certamen de moda e beleza organizado en Barcelona no que as mulleres de talla grande mostran o mundo que a beleza non se mide con unha cinta nin se pesa nunha balanza.

O obxectivo principal e animar a aquelas mulleres que creen que por o seu peso ou medidas non poderían participar en eventos desta índole. Por a diversidade de tallas nas pasarelas, a publicidade e a vida cotiá. O evento, polo tanto, busca empoderar a estas mulleres que normalmente non estarían aceptadas nnun certamen convencional a falar en público, bailar, modelar e deixar de lado os seus complexos por medio de charlas motivacionais e de saúde, cursos de pasarela, imaxe persoal e expresión oral e corporal, además de loitar contra os estereotipos e os trastornos alimenticios.

Baixo o lema “La belleza no tiene medidas” (#beautyhasnosize) a organización do evento (Asociación Affinity International - asociacion@affinityinternational.es ) xa está preparando todos os detalles para a gran gala final que se celebrará o domingo 7 de outubro en Barcelona.