O alumnado de cociña do IES Lagoa asistiu a unha clase maxistral

IMG_20190108_105716_1_resized_20190108_042247328
O alumnado de cociña do IES Lagoa asistiu a unha clase maxistral

A cargo de Manuel Mallón

As instalacións do ciclo de cociña do IES Lagoa de Antela foron o escenario polo que pasou o chef Jose Manuel Mallón para ensinar ao alumnado do ciclo a elaboración de pratos cuxo elemento principal era a Pataca de Galicia.

A sesión estaba organizada pola IXP. Pataca de Galicia e os alumnos rematada a clase foron eles os que colleron os instrumentais de cociña para tratar de facer os mesmos pratos que lles ensinaron.

PREMIO CON XURADO

platos cociña

Logo un xurado formado polo director do centro, un representante do Consello Regulador e o propio chef valoraron os pratos designando un gañador o estilo Masterchef, que foi agasallado cun lote de produtos de Pataca de Galicia.