O alumnado do IES Lagoa de Antela aprenden sobre augardentes de Galicia

CharlaIESLagoaDeAntelaXinzo
O alumnado do IES Lagoa de Antela aprenden sobre augardentes de Galicia

Charla formativa ao alumnado do ciclo de FP de Cociña e Restauración do IES Lagoa de Antela

A vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, impartiu a sesión desenvolta neste centro educativo de Xinzo de Limia

O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas de ( CRIIGG) as Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia continuou esta mañá o seu programa formativo cunha charla no IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Ata este centro desprazouse a vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, quen impartiu a sesión ao alumnado do ciclo de FP básica de Cociña e Restauración. Devandito ciclo consta de dous cursos. O primeiro deles céntrase en cociña, mentres que o segundo ocúpase dos ensinos sobre servizos en sala e cafetería. Deste xeito, búscase que o alumnado adquira os coñecementos necesarios que lle permitan acceder ao mercado laboral. Sonia Otero aproveitou esta sesión para ofrecer unhas nocións básicas sobre que é o Consello Regulador, os seus principais e as súas catro Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Ademais, tamén explicou detalles básicos sobre as distintas técnicas de destilación e os diferentes destilados existentes no mercado. Neste sentido, Otero aproveitou a ocasión para falar sobre a problemática existente ao redor da comercialización de destilados fraudulentos. “Os únicos produtos que ofrecen todas as garantías de calidade e orixe son os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia”, afirmou a vogal do Consello Regulador. A enólogoa/enóloga lembrou que para distinguir os produtos amparados “hai que comprobar que leven a contraetiqueta dalgunha de nosas catro Indicacións Xeográficas”. Para facilitar o recoñecemento da mesma, mostráronse botellas de diferentes destilados. Deste xeito, o alumnado puido distinguir as contraetiquetas dos produtos amparados polas Indicacións Xeográficas de Bagazo de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor de Café de Galicia.