Amador Díaz, cualifica o anuncio de Medio Rural de "Interesante e importante"

Amador Díaz, o día da presentación de ALIMAGRO 21
Amador Díaz, cualifica o anuncio de Medio Rural de "Interesante e importante"

En declaracións ao xornal La Región

Amador Díaz, tenente de alcalde do Concello de Xinzo e presidente da Asociación de produtores de pataca da Limia e un dos impulsores da “mesa da Limia”, manifestou ao xornal La Región, que o anuncio que o Conselleiro de Medio Rural veu a facer a Ourense de que a Xunta vai investir 600.000 € en arranxo de pistas de concentración é moi interesante e importante para a comarca.

CENTOS DE KILOMETROS

Amador continúa dicindo que na comarca temos centos de quilómetros de pistas de concentración que para o seu arranxo os concellos non teñen presuposto.

Amador, un dos impulsores, como representante dos produtores, da Mesa da Limia, continuou dicindo que xa se están a ver os froitos da “mesa”, para rematar dicindo que é importante que as administracións supra municipais inxecten fondos para que os agricultores e gandeiros poidamos dar servicio a sociedade.