"Amigos da Terra" denuncia o estado, unha vez máis, das augas do embalse das Conchas

encoro_das_conchas-800x600
"Amigos da Terra" denuncia o estado, unha vez máis, das augas do embalse das Conchas
Na zona de Portoquintela, no concello de Bande, alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3, no que o reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL

O encoro de As Conchas volve tinguirse de verde nesta tempada estival, rexistrando un considerable empeoramento da súa calidade da auga e contando coa presencia alarmante de cianobacterias, segundo a última analítica da Consellería de Sanidade realizada o 26 de xullo.

Na ultima semana producíase un “bloom” de cianobacterias, que son favorecidas polas altas temperaturas, máis horas de luz solar e un exceso de nutrientes, principalmente nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca da Limia que son o caldo de cultivo perfecto para que proliferen as cianobacterias, e consecuentemente afectando á salubridade e o estado sanitario das augas.

Na zona de Portoquintela, no concello de Bande, alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3, no que o reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL ou ben cuantifícanse toxinas nas análises realizadas ou detéctanse espumas e natas de cianobacterias en áreas onde pode existir contacto directo cos bañistas e/ou existe risco de inxestión/aspiración.

Estes resultados son indicativos dunha alta probabilidade de efectos adversos para a saúde. A presenza de natas e espumas xeradas por cianobacterias é un indicador de potencial risco de efectos severos para a saúde para as persoas que tomen contacto con estas, polo que estaría prohibido bañarse nin realizar actividades acuáticas na zona de Portoquintela.

Dende Amigos da Terra, manifestamos que estes episodios recorrentes de contaminación por cianobacterias, non se solucionan se non se atalla a problemática da xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións da comarca da Limia e Baixa Limia. Tamén nun informe recente realizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica tamén alerta do risco de contaminación por nitratos que existe nas aguas dos ríos en varios puntos da comarca de Xinzo de Limia.

Ase mesmo o encoro das Forcadas, no concello de Valdoviño, está oficialmente en estado de alerta pola presencia de cianobacterias nas súas aguas e tamén alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3 afectando a calidade das súas augas.