Os “amigos do alleo” visitaron a zona da Moreira

1
Os “amigos do alleo” visitaron a zona da Moreira

Roubaron nunha granxa e intentárono noutra

Na noite do luns ao martes como mínimo, dous establecementos gandeiros da zona da Moreira recibiron a visita de “amigos do alleo” nos seus establecementos.

MAIS DE 10.000 €

Ferramentas varias de alto custe foi o que se levaron os ladróns que entraron na súa nave, que segundo puideron valorar durante toda esta mesma mañá ascende a máis de 10.000 €. Do único que está satisfeito o propietario roubado é que ningún dos animais que se atopaban na granxa sufriron ningún dano, incluídos os varios cans que se encontran na nave e que de día coidan das ovellas.

Da segunda actuación que se ten constancia e doutra nave preto, na que tamén o intentaron, pero non pasaron de danos na porta de entrada.

SOLICITUDE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

O presidente da asociación de veciños, quere solicitar tanto da Policía Local como da Garda Civil, que incrementen a súa presencia por esta zona de Xinzo, que xa non é a primeira vez que ocorren estes feitos, as anteriores con roubo de gando. Recórdalles ironicamente, aquí nesta zona, tamén vivimos veciños de Xinzo.